A TODOS E A TODAS QUE QUEIRAN ESCOITAR!
Habendo superado o noso carnaval no século pasado os rigores totalitarios de varias décadas de dictaduras, sen que perdéramos lo mas divertido, imaxinativo y peculiar desta tradición festiva tan nosa, y sendo Verín cada vez máis , un lugar de concentración de xentes que queren facer festa y que algúns casos descoñecen o que temos de peculiar , os do" bando do Entroido " queremos recordar:
A PROPÓSITO DA MÁSCARA:
O respecto rigoroso polos que manteñen a cara tapada ou van disfrazados é o primeiro mandamento do noso carnaval. Houbo en Verín persoas célebres polos seus disfraces coa cara destapada (o pescádella p. e.), e outros no menos célebres e aínda vivos, como pode ser a reina del Entroido, que hasta que a xubilamos coronándoia, mantivo a tradición do xogo da máscara coa cara tapada.
As ditaduras que padecemos en el s. XX impediron durante varias décadas andar polas calles e prazas ocultando as caras nestos días. Verín foi unha das primeiras poboacións nas que se teñen constancia desta lei que se ignorou. Non queremos que agora, nunha festa de exaltación de liberdades, como é o noso"Entroido", a dictadura da ignorancia, dificulte e impida que disfrutemos enmascarándonos. Deixade que nos divirtamos como sempre fixemos, respetándonos.Os nosos cigarróns, as nosas máscaras, os nosos capuchóns, son a nosa encarnación do espírito sempre vivo do carnaval. O descoñecemento desto nunca foi bo.
SOBRE A FARIÑA E O TALCO
As ditaduras de Primo de Rivera e de Franco prohibiron a fariña nas calles e prazas. A fariña, tizóns, e talcos, sempre foron aplaudidos no noso carnaval, como sinónimos do xogo participativo e liberador, estando sempre con nós e entre nós. Que botaron fariña na cara sempre foi ben recibido por aqueles que se querían integrar na festa. O respeto absoluto a roupa dos disfrazados é o segundo mandamento do noso carnaval. O descoñecemento desto nunca foi bo para a festa; coa chegada da democracia, aprendices de escaiolista que se crían" fareleiros" rebentaron algunha concentración de máscaras nalgún carnaval na década dos setenta. Tirar talco e fariña, botala aínda que sexa coas mans, sobre os disfraces; confundir as meixelas e o pelo, coa boca, cos ollos e o nariz, sempre foron unha demostración da ignorancia e do non saber "enfariñar".
0 comentarios